jueves, 25 de febrero de 2016

UN RATO CON FRANCISCO CASTRO

QUEN É FRANCISCO CASTRO?
Francisco Castro (Vigo, 1966) traballa na actualidade na Editorial Galaxia. En 2010 foi elexido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do s. XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes.
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela 'As palabras da néboa', publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.

En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010).
En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10”

Xornal: Cando empezaches a escribir?
Francisco: O primeiro libro publiqueino aos 22 anos, pero escribir…, eu recordo escribir dende sempre. En quinto de primaria, xa facía relatos, etc.
Xornal: Que tipo de literatura escribes?
Francisco: Bufff… Eso é dificilísimo de contestar, calquera podería contestalo mellor ca min. A diferenza doutros escritores, que so fan literatura infantil, xuvenil ou adulta, eu teño tocado todos os paus. Empecei escribindo literatura para adultos, pero en canto tiven fillos, sentín a necesidade de escribir tamén para eles, entón empecei a escribir literatura xuvenil, logo infantil. Este ano, ademais de sacar unha novela, vou editar o meu primeiro libro de poemas.
Xornal: Ese libro de poemas, vas a pedirlle a algún compañeiro, como Antonio García Teijeiro que te axude?
Francisco: Home, voulle pedir que opine, unha vez que estea publicado. Ademais, Antonio é unha persoa que leva moitos anos publicando poesía, polo tanto, seguro que me vai interesar moito a súa opinión.
Xornal: Que suceso fixo que te decidiras a empezar a escribir?
Francisco: Suceso ningún. Imaxino que empecei a escribir polo mesmo que escriben todos. Porque les libros e che gusta. Os que se adican á música é porque escoitan discos e queren facelo, e sempre así. Por eso é tan importante que ademais de estudar análise sintáctico, onde desembocan os ríos, tamén escoitedes música, leades libros, fagades deporte, porque ás veces, o que vai ser a vosa paixón na vosa vida adulta, a estades recibindo cando sodes pequenos.
Xornal:  Que é máis difícil: escribir un libro ou imaxinar as historias?
Francisco: Máis difícil é escribilo. Historias se me ocorren 700 ao día, que sirvan para algo, dúas ao ano. Ti pensa que un libro de 300 páxinas, calquera pensa  que un se senta e se pon a escribir, e nunca é así, senón que para acadar 300 páxinas, hai que escribir 600, hai que revisar moito, hai que cambiar moitas cousas. Se o libro, ademais, transcorre noutra época, tes que documentarte para non meter a zoca. Entón, unha novela que se le en 3 días, eu boto un ano, ou máis en facelo. Deseñar unha casa a un arquitecto, lévalle dous días, pero construila, lévalle máis tempo.

Xornal:  Que libro lle recomendarías a un neno da miña idade que non lea moito?
Francisco: A un neno de 10 anos que non lea moito vou recomendarlle un, e é un libro dunha escritora galega que se chama Beatriz Maceda. O libro é “O álbum de Garrincha”. É un libro que a moita rapazada encántalle porque está protagonizado por un neno brasileiro que está aquí cos seus pais, nun cole como o Possumus. Podería ser a historia. E é un neno que vota moito de menos o seu país, Brasil, e termina integrándose no patio, a través do seu balón. E o libro conta, ademais, a historia de Garrincha. Garrincha foi un futbolista brasileiro que morreu moi noviño con corenta e poucos anos. Morreu pobre, alcoholizado. Foi dúas veces bota de ouro, e era un neno… Cando era neno tiña unha perna 12 centímetros máis curta que a outra. Entón, os médicos lle dixeron á súa nai que o neno nunca ía camiñar e terminou sendo balón de ouro como futbolista. E chamábanlle a alegría do pobo. Cando o ían ver era a alegría do pobo. Eu creo que o libro ten, aparte dunha historia moi bonita, da vosa idade, unha mensaxe moi importante que é que sexan cal sexan as túas circunstancias, se tes unha ilusión, pois tes que perseguila, tes que loitar duro, tes que esforzarte. E a poder ser, non terminar tal mal como terminou él. Entón xa o fai perfecto.
Xornal:  Por que cres que os adultos cada vez leen menos?
Francisco: Os adultos cada vez len menos, como os adultos cada vez van menos ao cine, como que os adultos van menos ao teatro e hai un momento que as obrigas laborais, a educación dos fillos e a propia vida, ponche moi difícil atopar un ratiño. Aínda que estou dicindo isto, estou a piques de dicir o contrario, é dicir, probablemente os adultos e as adultas lerían máis se apagasen máis a tele. Se ese tempo que se adica todos os días a televisión, fose para a lectura. Hai moita xente que di que lle gusta ler pero din, claro, ao final do día, métome en cama, collo o libro e caio durmido. Claro. Pero seguro que votaches tres horas vendo unha parvada na tv, ou unha hora e media. Non direi unha hora e media para ler, pero si media hora.
Xornal: Que fai falta para chegar a ser un bo escritor de historias?
Francisco: Pois non sei porque, seguro que para isto non hai receitas. Eu creo que para o mesmo que ser un bo músico, ou ser un bo actor ou actriz. E meterlle tempo, meterlle horas. É como aprobar un exame. Podes copiar, que é arriscado como método, e logo, está o mellor método que é estudar moito… Entón, o levas todo moi ben sabido.




Xornalista: Xoán Riveiro

domingo, 31 de enero de 2016

UN POETA NO COLEXIO


O alumnos de 5º de primaria do Colexio Possumus pasamos un ratiño con Antonio García Teijeiro, afondando nos seus intereses e gustos. Esta foi a nosa experiencia:

Xornal: Por que eres un apaixonado desta profesión?
Antonio: A poesía é a maneira máis fonda de expresar os Sentimentos da Vida. Facer dos versos, da palabra poética un xeito de crear emoción.a poesía chega moi dentro e logo sae ppara abrazar as persoas.
Xornal: Cal foi a túa materia favorita na facultade?
Antonio: A literatura. Ler historias que me conmovesen. Ler poemas que me sacudisen. Na literatura está a vida. A vida provoca situacións que as entendes mellor lendo.
Xornal: Cal foi a túa profesión antes de ser poeta?
Antonio: Eu son, fun e serei sempre mestre. Unha persoa que ama aos seus alumnos e que quere contaxialos para que gocen das cousas fermosas que lles dá a vida.
Xornal: Cantos anos tes?, tes fillos?
Antonio: Anos? Teño moitos, pero quero sentirme moi vivoo. Para iso desexo gozar das pequenas cousas. 
Teño dous fillos marabillosos: Antón e Noa. E unha neta, Libby.
Xornal: Gústache o noso colexio?, e os mestres? e claro esta, os alumnos?
Antonio: Levo tantos anos nel! Pois claro que me gusta, que o quero e que me sinto moi preto de alumnos e profesores.
Xornal: Grazas por atendernos e responder ás nosas preguntas.

Xornalistas: Lara Oliveira e Sandra Cabaleiro

jueves, 26 de febrero de 2015

VAI DE NÚMEROS



Na clase de matemáticas estamos a ler un libro de Juan José Millás titulado "Números Pares, Impares e Idiotas", un libro sobre uns números tolos e extravertidos.
Persoalmente teño que dicirvos que o capítulo que máis me gustou foi o do número oito, que se tomaba "ochocolate" que o facía adormecer..... pero non quero continuar coa historia xa que dende aquí vos animo a ler este marabilloso libro.





Xornalista: Khadim Rassoul 

sábado, 21 de febrero de 2015

COIDA DOS TEUS


Alumnos deste colexio fixemos unha visita á Protectora de Animais de Vigo, sendo atendidos por Mónica Álvarez que nos informou de que nela conviven 500 cans e 50 gatos aproximadamente. Nesta institución traballan tres empregados, un veterinario que se encarga dos cans e outro que atende os gatos. Todos eles traballan para o concello que está obrigado por lei a ter unha protectora de animais.
Os traballadores encárganse da limpeza dos animais, a alimentación e o seu coidado diario. Segundo eles, o  labor máis importante é a esterilización dos mesmos para evitar que teñan crías.
A Protectora mantense coas subvencións e aportacións dos socios (que é moi pouco), polo que dende este modesto xornal convidámosvos a facervos socios xa que a cota mínima son 15 euros. Se queredes, podedes acoller un can para o cal é necesario abonar 60 euros en concepto de vacinas e microchip que é obrigatorio.
A nosa experiencia foi moi motivadora, e os cans e gatos eran moi cariñosos con nós, en especial a gata Paca.
Se queredes obter máis información, visitade a seguinte páxina web: 
http://vigomascotas.blogspot.com.es/



Xornalistas: Mikel Yáñez e Xacobe Müller

jueves, 29 de enero de 2015

MAESTRO DE ÓBOE


Resultado de imagen de oboeAínda que non é natural de Vigo, José Feliciano Carbonell Pérez é un dos poucos profesores licenciados en Óboe que temos nesta cidade. Imparte as súas clases no CMUS (Conservatorio Profesional) de Vigo, e moi amablemente adicounos uns minutos.
Xornal: Gustaríache dar clases nunha escola?
José: Non, neste país non se lle da á música a importancia que debería neste nivel educativo.
Xornal: Se tiveses a oportunidade de dar un concerto fóra do país, onde sería?
José: Quizais en París.
Xornal: Cal é o teu compositor favorito?
José: Sen dúbida, Johann Sebastian Bach.
Xornal: Cantos instrumentos tocas? Cales?
José: Toco catro instrumentos: o Óboe, o Óboe de Amor, o Corno Inglés e a Bombarda Bretoña.
Xornal: Moitas grazas polo teu tempo.
José: A vós.

Xornalista: Nicolás Narváez

viernes, 23 de enero de 2015

CARA A CARA CO DIRECTOR DA ESCOLA


O director do noso colexio, Alfonso Fernández, concedeunos unha exclusiva para o xornal da aula. A continuación reproducimos a entrevista completa.
Xornal: Cantos anos tiñas cando empezaches a traballar aquí?
Alfonso: tiña 23 anos.
Xornal: En que ano pasaches a ser o director desta escola?
Alfonso: no 1997 aproximadamente.
Xornal: es titor dalgún curso?
Alfonso: agora mesmo non.
Xornal: Gustaríache marchar a outro colexio a impartir clases?
Alfonso: Non!!!
Xornal: Que etapa é a que máis che gusta, primaria ou secundaria?
Alfonso: home, primaria!!!
Xornal: Se tiveses que deixar de impartir educación física, que materia elixirías?
Alfonso: pois me decantaría polas ciencias sociais, naturais ou coñecemento.
Xornal: Na actualidade sénteste cómodo sendo mestre do colexio Possumus?
Alfonso: Si.
Xornal: Grazas pola túa colaboración.
Alfonso: para iso estamos.

Xornalistas: Nerea Rodríguez, Xacobe Müller e Iria Gorrita

ENTREVISTA Á PROPIETARIA DE "DORES"


Dores é unha tenda de material de manualidades e artesanía (pinturas, xiz, vernices...). É a única tenda deste estilo que temos no barrio de Teis, de aí que nos resultase sumamente interesante entrevistar a súa dona.
Xornal: Que tipo de clases se imparten aquí?
Dores: temos unha gran variedade de actividades, pintura, manualidades, patchwork, bolillos e moito máis.
Xornal: Cal é a idade adecuada para vir ás actividades?
Dores: poden participar persoas de todas as idades.
Xornal: Cal é o horario das actividades?
Dores: Temos un horario flexible, tanto de mañá como de tarde.
Xornal: Realizades algún outro tipo de labor na tenda?
Dores: si, tamén restauramos, enmarcamos, vendemos obxectos e facemos decoracións.
Xornal: Grazas pola súa colaboración.
Dores: encantada.

Xornalistas: Iria Gorrita, Nerea Rodríguez e Xacobe Müller